A nivel autonómico, máis aló do artigo 20 da Constitución española, teremos que falar da vertebración colexial da profesión periodística que resolve dalgunha maneira o baleiro lexislativo a nivel autonómico en materia periodística.

Así, incorpórase a Lei para a creación do Colexio de Xornalistas de Galicia, solicitada por asociacións con importantes representantes do periodismo galego dende o IV Congreso de Periodistas de Galicia en Santiago de Compostela. A lei suporá a creación de dito colexio, tendo este a súa propia personalidade a nivel xurídico e capacidade plena para o cumprimento dos seus fins.

Os membros do Colexio serán licenciados en Xornalismo, Imaxe ou Comunicación  Audiovisual que estean a desenvolver labores de carácter informativo; aínda que tamén poderán acceder aqueles que exerzan eses labores de maneira principal ou habitual no momento de publicación no BOE desta lei.

A creación dun Colexio Profesional de Periodistas de Galicia como entidade de dereito público deberá servir para mellorar e ampliar a tarefa dos periodistas en todos os niveis, ademais de establecer medidas comúns para os xornalistas  no ámbito local. Os colexios teñen como obxectivo a defensa do dereito á información (recollido na Constitución Española) e da autoexixencia profesional. É importante ter en conta a creación desta asociación que supón, en definitiva, un paso máis para o acceso da cidadanía a unha información contrastada, honesta e veraz.

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar